top of page

Esta aberto o prazo durante agosto para solicitar praza no Punto de Atención á Infancia de Agolada

Este ano será gratuíto ao estar financiado pola Xunta de Galicia


Laura Moure/Agolada

Está aberto o prazo para solicitar praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Agolada. Os interesados terán que matricularse durante o mes de agosto.


Este ano é gratuíto porque será no curso 2022-2023 cando a Xunta de Galicia poña en

marcha a gratuidade da atención educativa para todos os nenos nas escolas infantís,

independentemente da súa titularidade.

Os interesados deben recoller a folla de solicitude no Concello de Agolada e aí tamén é

onde deben achegar toda a información que precisan para a matrícula. Así deben

adxuntar a fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia do solicitante,

acreditación de familia numerosa (de ser o caso), certificado médico do neno (que

deberán recoller de xeito específico as enfermidades infecto-contaxiosas); copia da

tarxeta sanitaria da seguridade social ou análoga en vigor, tres fotografías do neno

tamaño carné, autorización por escrito das persoas que poderán recoller ao neno e

que se acompañarán do DNI que teña unha fotografía clara; para tratamentos

médicos, xunto a unha autorización para a súa aplicación polo persoal do centro,

acompañarán copia cotexada das receitas médicas coas especificacións indicadas polo

facultativo para a administración do mesmo (frecuencia e dose); cartilla de vacinación

actualizada; ademais indicarase de maneira concreta e por escrito as alerxias e outras

problemáticas que puideran padecer os nenos: alimentos, materias como ceras,

pinturas… e certificado do número de conta bancaria.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page