top of page

Escolares silledenses estudiarán in situ o patrimonio do Camiño ao seu paso polo municipio


Laura Moure/Silleda


O proxecto Trasdeza Pinta o Camiño, que promove o Concello de Silleda, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, bota a andar con actividades previstas para os vindeiros días na que será a primeira fase do traballo.


Así, e dentro desta primeira parte, os protagonistas serán os centros escolares do municipio, que participan nesta iniciativa de promoción e dinamización do Camiño, ao seu paso por Silleda, cas artes plásticas como protagonistas. Así centraranse na Vía da Prata.


Foto: Vive el Camino


Catro cursos pertencentes ao CEIP de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela, Colexio Mª Inmaculada e IES Pintor Colmeiro están xa a traballar sobre o patrimonio cultural e natural que se atopa ao longo do trazado da Vía da Prata que pasa polo municipio. Tras un traballo de aula a través de cadernos didácticos creados para tal ocasión ao longo do mes de febreiro, os catro centros participantes realizarán unhas saídas ao medio aberto para coñecer en vivo os recursos patrimoniais do seu concello.

Estas saídas están previstas para os vindeiros días 3, 10, 12 e 19 de febreiro, sempre que a climatoloxía o permita. Tendo en conta a situación sociosanitaria, cómpre tamén destacar a seguridade da realización da mesma, posto que se manteñen os grupos burbulla habituais e as actividades se desenvolverán ao aire libre.


Os escolares continuarán cun traballo de aula entorno á comunidade de artistas pictóricos silledenses, outro dos eixos desta iniciativa, subvencionada polo programa O Teu Xacobeo.


Ademais, Trasdeza pinta o Camiño contempla unha xornada de pintura en vivo e un foro de pintura para os vindeiros meses.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page