top of page

Equina Galicia volverá superarse do 10 ao 12 de xullo na Feira Internacional de Galicia en Silleda

A cita contará con maior nivel de competición e unha proba única no norte de España


Laura Moure/Silleda

Equina Galicia celebrará a súa décimo segunda edición do 10 ao 12 de xullo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra). E farao volvendo superarse en canto ao nivel das súas competicións e á exclusividade da súa proposta, a cal incluirá seis concursos coas mellores ganderías e xinetes e tamén diversas actividades.

Organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, este evento terá como eixo

principal o XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal

mantén para esta edición a categoría tres estrelas. Por quinto ano consecutivo a Real

Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE)

concedeulle o máximo nivel neste tipo de competicións, pola súa excelente evolución e

o esforzo na súa organización, ademais de valorar novamente as infraestruturas

destinadas ao concurso no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Levarase a cabo durante os tres días de Equina e será clasificatoria para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará en Sevilla do 17 ao 22 de novembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).


Doma clásica, nacional e proba única no norte

En canto a doma clásica, Equina Galicia 2026 contará con dúas importantes novidades. Por primeira vez celebrará un concurso nacional de Doma Clásica, con dúas estrelas

da Real Federación Hípica Española, unha categoría que xa supón unha alta esixencia

técnica. Ademais, estréase como marco dunha Copa ANCCE de Doma Clásica, tamén

clasificatoria para SICAB, sendo a única no norte de España nestes momentos.

Nesta disciplina sumaranse a XXVII Copa Accega e o VIII Trofeo Xunta de Galicia –

Medio Rural de Doma Clásica.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Equitación de traballo, enganches e outras propostas

Equina Galicia 2026 suma aínda outras interesantes competicións, como a III Proba da

Federación de Equitación de Traballo, modalidade centrada nas habilidades e

destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo, e tamén unha proba do

Campionato Galego de Enganches.


Non faltarán o bautismo hípico, pensando especialmente para fomentar a equitación

entre os nenos, nin algunha conferencia con temática de gran interese para o mundo

do cabalo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page