top of page

Equina Galicia 2026 vivíu onte a súa xornada máis intensa con nove competicións de gran nivel

A cita, con entrada gratuíta, celébrase en Silleda ata hoxe, domingo, ao mediodía


Laura Moure/Silleda

Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde, continúa celebrándose ata hoxe, domingo, na Feira Internacional de Galicia ABANCA con entrada gratuíta. E faio cunha intensa xornada na que concentra nove importantes competicións, demais doutras actividades

Así, ao longo do día de onte desenvolvéronse distintas seccións do XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valora tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos. Pola mañá tiveron lugar as seccións de funcionalidade, nas cales se avalían, entre outros aspectos, os movementos a paso, trote e galope, a cadencia, a nobreza ou a obediencia ao xinete. Pola tarde sairon a pista os cabalos e eguas de 7 anos ou máis, mentres que mañá serán os premios especiais e a entrega de galardóns.


Este Campionato celébrase novamente coa categoría tres estrelas, xa que por quinto ano consecutivo a Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle o máximo nivel neste tipo de competicións. Conta coa participación de 41 salientables ganderías, procedentes non só da maioría de Comunidades españolas, senón tamén doutros oito países, como son Alemaña, Bélxica, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Francia, Italia e México. Participación que supón que ata o domingo compitan preto de oitenta exemplares de pura raza española, convertendo esta cita nun dos tres campionatos de España con maior número de participantes na categoría tres estrelas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita celebrou onte sete competicións de doma clásica, coa participación de finalmente cerca de 60 binomios, unha cifra récord que ademais consolida esta cita como a de maior participación de Galicia no que a doma clásica se refire. Así, tras iniciarse o venres continuou onte o Concurso Nacional de Doma Clásica con dúas estrelas da Real Federación Hípica Española, unha competición que se celebra por primeira vez en Equina e que conta cunha categoría que xa supón unha alta esixencia técnica, ademais de implicar que un dos xuíces deba ser internacional tres estrelas. Así mesmo, onte tivo lugar a Copa ANCCE de Doma Clásica, que é a única no norte de España nestes momentos, e a Copa Concello de Silleda, ambas as por primeira vez neste evento. Súmanse nesta xornada outras catro citas que repiten respecto á pasada edición, como son a Copa Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, o Territorial da Federación Hípica Galega, que é clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica; a XXVII Copa Accega e o VIII Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, continuou onte a III Proba de Equitación de Traballo, a cal deu este ano un salto cuantitativo. Así, de novo puntuable para o Campionato Nacional, suma preto dunha vintena de binomios de Galicia, Navarra, Estremadura, Castela-León, Madrid e Andalucía. Esta modalidade centrada nas habilidades e destrezas do cabalo para o traballo no campo, incluirá novamente probas de doma, manexabilidade, velocidade e apartado de gando.


Clinic de saddle fitting e carrusel

Ademais das competicións, Equina Galicia 2026 celebrou onte un clinic de saddle fitting, que é o proceso de adaptar a cadeira de equitación á anatomía do cabalo e do xinete, o cal foi impartido por Sofía Suárez, saddlefitter profesional. Entre outros aspectos, os asistentes puideron coñecer a morfoloxía básica do dorso do cabalo e como identificar dores e feridas causadas por un mal axuste, ademais de distinguir os tipos de cadeiras ou informarse sobre aspectos clave a ter en conta na postura.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Tamén se sumou un espectáculo ecuestre, un carrusel a cargo do Club Hípico Amazonas (Ponte Caldelas).


Hoxe, domingo, ademais das seccións especiais e a entrega de premios do XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, terá lugar a segunda proba das catro que compoñen o Campionato Galego de Enganches. Será un Open, polo que incluirá probas tanto federadas como non federadas, e contará con distinguidos participantes como o Campión de España de Limonera Individual en 2023 e subcampión nesta mesma modalidade en 2024, así como o campión de Andalucía 2025. Sumarase o cocheiro máis antigo de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page