Envorca un coche na N-640 en Agolada
- ecosdacomarca
- 20 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Esta mañá rexistouse un accidente de tráfico na N-640, en concreto no quilómetro 150 á altura da parroquia agoladesa de Esperante, xunto ao desguace. Esta é unha zona na que se producen moitos accidentes.

Neste caso, o 112 Galicia foi alertado por un particular ás 12:05 horas. No sinistro viuse implicado un único vehículo e o home que viaxaba nel resultou ferido leve.
O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Agolada e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
Comments