top of page

Entrega de diplomas do obradoiro de Palas, Monterroso, Antas, Portomarín, Guntín e o O Páramo

Neste taller de emprego tamén participaron mulleres de Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso


Laura Moure/A Ulloa

O centear de participantes no Programa Integrado de Emprego promovido dende os Concellos de Palas de Rei, Monterroso Portomarín, Guntín, Antas de Ulla e o Páramo financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade recibiron este mércores os diplomas acreditativos da súa formación da man dos alcaldes Palas de Rei, Pablo Taboada; de Monterroso, Rocío Seijas; de Portomarín, Pablo Rivas; de Guntín, María

José Gómez; do Páramo, José Luis López, así como da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade, Pilar Fernández.

O Programa Integrado de Emprego ademais de contar con participación dos concellos que o promoveron, tamén acolleu as participantes dos municipios da provincia da Coruña como Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso. As mulleres participantes no mesmo contaron con orientación laboral por parte das técnicas do programa, facéndose o labor de prospección e intermediación laboral nos citados concellos, para así fomentar a inserción laboral.

Leváronse a cabo 376 accións formativas, repartidas en 30 cursos do cátalogo de especialidades formativas do SEPE de distinta temática, entre os que cabe destacar: ofimática, firma electrónica, condución de carretillas elevadoras, inglés profesional para o turismo, comunicación dixital, monitor de tempo libre, limpeza en instalacións e equipamentos industriais, etc. Así como, tamén se desenvolveron as prácticas nas empresas da zona para acadar unha mellor cualificación e procurar a inserción laboral, ademais de atopar persoal cualificado para as empresas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page