top of page

Enerxétika e ExpoMunicipal celebrarase do 25 ao 27 de marzo de 2026 na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda

Unha cita que supoñerá a quinta edición de Enerxétika e a segunda para ExpoMunicipal e que implicará de novo a coincidencia de empresas, administracións e profesionais de ambos os certames


Laura Moure/Silleda

A dobre cita feiral do salón de enerxía Enerxétika e o certame de servizos municipais ExpoMunicipal celebrarase do 25 ao 27 de marzo de 2026 na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, tal e como decidiu este mércores o seu comité organizador nunha reunión mantida no recinto feiral. Unha cita que supoñerá a quinta edición de Enerxétika e a segunda para ExpoMunicipal e que implicará de novo a coincidencia de empresas, administracións e profesionais de ambos os certames.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais de determinar estas datas, no encontro tamén se analizaron outros aspectos para comezar a traballar xa nestas convocatorias, como a promoción ou os resultados das anteriores edicións, cando máis de 5.300 visitantes de España e Portugal puideron ver as últimas novidades do sector enerxético e municipal de 520 firmas expositoras de 24 países representadas por 181 expositores directos de España, Portugal, Andorra, Francia, Italia, México, Israel e República Checa.


Apoio de ambos sectores

O encontro contou coa presenza de máis de trinta empresas, cústers e departamentos da Xunta de Galicia, os cales non só reafirmaron o seu compromiso cos certames, senón a súa consideración de que supón un acerto celebrar de formar paralela dúas feiras con obxectivos comúns e con gran capacidade de crear sinerxías.

Presidiron a reunión os directores xerais de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, e de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, acompañados da subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, Raquel Bahíllo; a subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local, Beatriz Díaz; e a xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Silvia Cortiñas. Ademais, o encontro contou con representación, no ámbito dos servizos municipais, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fagamp), Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), Asociación de Persoas con Mobilidade Reducida (AsoPMR), Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ciudades que Caminan, Ferrovial, Baygar, Coregal, Formato Verde, Gestagua, Solmes e Urdime.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto ao sector enerxético participaron representantes do Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), Centro Tecnolóxico da Eficiencia e a Sustentabilidade Enerxética (Energylab), Clúster da Biomasa de Galicia, Dirección Territorial de Comercio e Icex en Galicia, Federación Galega de Entidades Empresariais de Instalacións e Mantemento (Fegafón), Federación Galega de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (Fegasinel), Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia (Acegal), Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia, Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Ecogal, EiDf, Iberdrola, Repsol e Abanca.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page