top of page

Enerxétika´26 reunirá a instaladores e rehabilitadores para achegarlles as claves dos certificados de aforroe nerxético e a IA

A cita será do 25 ao 27 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A feira de enerxía Enerxétika, a cal celebrará a súa quinta edición do 25 ao 27 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, conformará un interesante foro para instaladores e profesionais relacionados coa pequena e mediana obra de reparación, reforma e rehabilitación. Así, ademais da multitude de propostas presentes na área expositiva dirixidas a eles, tamén contarán cun interesante programa.

Unhas actividades que se celebrarán de man da Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións (FEGASINEL) e da Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL).


En canto a FEGASINEL, organizará tres interesantes xornadas para os instaladores. A primeira delas terá por título “Caes: oportunidades para o instalador” e expoñerá as posibilidades do Certificado de Aforro Enerxético, documento que acredita un aforro de enerxía final equivalente a 1 kWh, logo de realizar unha actuación de eficiencia enerxética. Desta forma, por cada kWh de aforro anual pódese obter 1 CAE. Monetízanse así os aforros enerxéticos, recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia enerxética, xa que o usuario final pode recibir unha contraprestación se vende CAEs obtidos mediante o Sistema de CAE, no que interveñen o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como xestores autonómicos e verificadores independentes.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O segundo dos encontros centrarase na tramitación de expedientes UFD e explicará as novidades relativas á plataforma de tramitación e solicitude de subministro, mentres que a terceira versará sobre a certificación dun asesor enerxético e os axentes Feníe Enerxía.


A IA en reforma e rehabilitación

Pola súa banda FEDERGAL realizará unha acción formativa de alto valor práctico en intelixencia artificial aplicada a unha empresa ficticia que incluirá unha charla práctica e demostrativa orientada á sensibilización e visión estratéxica no ámbito da reforma e a rehabilitación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais, esta federación celebrará en Enerxétika 2026 a súa asemblea xeral, acto reservado aos asociados e asociacións integrados en FEDERGAL.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page