Encontro do goberno de Silleda cas mulleres participantes no programa The Break
- Laura Moure

- 18 oct 2022
- 2 Min. de lectura
É un Programa de Atracción de Emprendemento Feminino desenvolto polo Ministerio de Industria a través da Fundación EOI, en colaboración con Impact Hub Madrid
Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo onte un encontro cas participantes do programa The Break, que se está a desenvolver dende finais do mes de setembro con dous grupos de emprendedoras de distintos países da Unión Europea, a través da Fundación Roberto Rivas, con sede en Silleda, e a Zona Franca de Vigo. Os dous grupos participaron neste encontro na sede da fundación silledense, de La Moda Rural Lab, onde foron recibidas polo rexedor e as concelleiras Pilar Peón e Mónica González.

Cuiña, ademais de destacar o fito que supón para Silleda acoller este encontro no marcho do liderazgo e o emprendemento feminino, desgranou ante as participantes os principais atractivos e servizos de Silleda, destacando proxectos pioneiros como a Rede de Calor con biomasa. Despois da recepción, os dous grupos participaron nunha sesión formativa sobre liderazgo e xa pola tarde realizaron unha visita guiada ao mosteiro de Carboeiro e á Fervenza do Rio Toxa.
As participantes, que están a establecer contactos con outros emprendedores locais, destacaron a beleza de Silleda e o seu entorno, con numerosos atractivos naturais e turísticos.
The Break, é un Programa de Atracción de Emprendemento Feminino desenvolto polo Ministerio de Industria a través da Fundación EOI, en colaboración con Impact Hub Madrid. A iniciativa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e enmárcase en “España Nación Emprendedora”, a visión a longo prazo impulsada polo Goberno para converter a España nun país de referencia en emprendemento innovador no ano 2030. Neste programa participarán en novembro outros dous grupos, en Silleda
e en Vigo.







Comentarios