top of page

En marcha os preparativos para o Rallysprynt de Silleda, que chega ao municipio no mes de maio

Laura Moure/Silleda

A directiva da Escudería Silleda mantuvo un encontro co goberno municipal a fin de avanzar na organización do primeiro Rallysprint de Silleda, que se celebrará o vindeiro 18 de maio, no marco do calendario galego da competición.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Deporte, Mónica González, mantiveron un encontro cos integrantes da escudería, que preside Juan Pablo Cagide, ao que tamén asistiu o inspector da Policía. Nas vindeiras semanas tamén está previsto manter un novo encontro para seguir avanzando no operativo de seguridade, así como as comunicacións sobre a afección de vías á veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Dende o Concello de Silleda Paula Fernández destaca a labor desta nova entidade deportiva do municipio “que está a traballar arreo para que o noso municipio volva ter unha proba automovilística propia, algo que axudará tamén a dinamizar o territorio tamén dende o punto de vista socieconómico”, indica a alcaldesa, que amosou o apoio do Concello a esta proba deportiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page