top of page

En marcha as obras de reforma integral da Escola de Música Municipal de Silleda

Conta cun investimento de 890.185 euros e permitirá modernizar por completo o edificio, mellorando a accesibilidade, a eficiencia enerxética e a funcionalidade do centro


Laura Moure/Silleda

As obras de reforma integral e mellora da accesibilidade da Escola de Música Municipal de Silleda xa están en marcha. A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura, Mónica González, visitaron os primeiros traballos xunto co responsable da empresa

adxudicataria, Cruz Val Obras y Servicios, e a dirección de obra.

A actuación, adxudicada recentemente polo Concello de Silleda, conta cun investimento total de 890.185,78 euros e supón unha intervención estratéxica nun dos equipamentos educativos e culturais de referencia do municipio. O proxecto permitirá modernizar por completo o edificio e adaptalo ás necesidades actuais en materia de accesibilidade, eficiencia enerxética, illamento e funcionalidade.


A alcaldesa, Paula Fernández, salientou durante a visita que “o inicio destas obras supón un paso decisivo para facer realidade unha demanda histórica da comunidade educativa e musical de Silleda”. Fernández lembrou que a Escola de Música “é moito máis ca un espazo de formación, é unha peza fundamental da vida cultural do municipio e a canteira da nosa Banda de Música Municipal e doutros grupos tradicionais”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Mónica González, puxo en valor “o esforzo realizado para compatibilizar unha obra imprescindible co mantemento da actividade lectiva e musical”. Neste sentido, lembrou que o centro xa trasladadou toda a súa actividade ás instalacións da Fundación do Campo Galego, no recinto feiral da Semana Verde.


O proxecto contempla actuacións de gran alcance, como a instalación dun ascensor, a creación de accesos adaptados, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a amplicación da sala de ensaios, a mellora do illamento térmico e acústico, a renovación da carpintería exterior e interior, a creación de novos aseos e a reorganización das aulas e salas de ensaio, co obxectivo de optimizar o uso docente e artístico do centro.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Escola de Música Municipal de Silleda conta con máis de 200 alumnos e alumnas, polo que dende o goberno local incídese na importancia de garantir a continuidade do servizo durante o desenvolvemento dos traballos. As instalacións provisionais da Fundación do Campo Galego permiten dispoñer de espazos amplos e versátiles para a actividade lectiva e musical, incluíndo o auditorio principal para os ensaios, así como distintas salas de apoio, camerinos e zonas comúns adaptadas. Dende o Concello de Silleda reiteran o agradecemento á Fundación do Campo Galego e á Fundación Semana Verde de Galicia pola súa colaboración para facer posible esta solución temporal mentres se executa a reforma.


A actuación que se está a acometer, chega cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través do Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, e polo Plan Provincia Extraordinaria da Deputación de Pontevedra, convocatorias ás que o Concello de Silleda presentou este proxecto.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page