top of page

En marcha as obras de reforma e mellora do palco e dos aseos de Breixa, en Silleda

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar as obras de reforma e mellora do palco e dos aseos públicos de Breixa, unha actuación moi demandada pola veciñanza desta parroquia sillendense e que permitirá mellorar de xeito notable a accesibilidade e funcionalidade destes dous espazos públicos situados no entorno do centro social da localidade.

A intervención inclúe a mellora do palco da música, coa execución dunha rampla de acceso que facilitará o seu uso por parte de todas as persoas, así como a reforma integral dos aseos existentes, que serán substituídos por unha nova edificación con dous baños, un deles adaptado, garantindo así condicións adecuadas de accesibilidade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

As obras están a ser executadas no marco do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e foron adxudicadas á empresa Construcciones Míguez Xestoso S.L. por un importe de 28.139,82 euros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o goberno municipal, a alcaldesa e responsable de Obras e Servizos, Paula Fernández, que onte visitou os traballos xunto ca concelleira de Cultura, Mónica González, destaca que se trata “dunha actuación necesaria para dignificar e modernizar uns espazos moi utilizados pola veciñanza e polo tecido asociativo da parroquia, especialmente en celebracións, actos culturais e encontros sociais”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Melloras noutros centros sociais do municipio

Así mesmo, o Concello de Silleda lembra que, a través deste mesmo programa provincial, tamén se levarán a cabo obras de mellora nos centros sociais das parroquias de Abades, Saídres, Piñeiro, Lamela e no centro social do lugar de Curro, na parroquia de Cira, continuando así coa aposta municipal pola mellora das infraestruturas públicas no rural.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page