top of page

En marcha as obras de mellor no aillamento do Centro social de Cortegada, en Silleda

Laura Moure/Silleda

A Asociación Veciñal e Cultural de Cortegada (AVECUCO) ten xa en marcha as obras de mellora do illamento térmico e acústico do Centro Social da parroquia, despois de resultar beneficiaria dunha axuda da Deputación de Pontevedra no marco do Plan Provincia Comunitaria 2025, que financia esta actuación.

O proxecto inclúe a substitución parcial do falso teito mediante paneis de la de madeira, así como a instalación de illamento sobre o falso teito para incrementar o confort e a eficiencia enerxética do edificio. Ademais, están previstos traballos de remate e renovación da iluminación interior.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A intervención, cun investimento de 9.992,70 euros, non altera a configuración exterior do inmoble —construído no ano 1995 e catalogado para uso social—, pero supón unha posta ao día necesaria para mellorar o seu mantemento e funcionalidade nos vindeiros anos.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o Concello de Silleda destácase tamén a colaboración coa entidade veciñal, xa que o Concello asumiu os custes da redacción do proxecto, apoiando así a AVECUCO para facer realidade esta mellora dun espazo clave para a vida comunitaria de Cortegada.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Centro Social é un punto de encontro esencial para a parroquia, acollendo actividades, reunións e propostas ao longo de todo o ano, polo que esta actuación contribuirá a facelo máis confortable e aproveitable, reducindo ruídos e tamén perdas de calor.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page