En marcha as obras de asfaltado na parroquia silledense de Xestoso
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Esta semana quedarán listas as obras de mellora de todo o viario que transcorre entre as vivendas deste núcleo, cun investimento valorado en máis de 88.000 euros
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos de mellora viaria na parroquia de Xestoso. Esta actuación, que está previsto remate nesta mesma semana, afecta á rede viaria que trascorre polo medio das vivendas dos lugares de Xestoso, Ríos e Fontelas, así como ás conexións entre estas localidades.

As obras, valoradas en máis de 88.000 euros, están sendo executadas pola empresa Taboada y Ramos, que actuará en algo máis de 1 quilómetro. Os traballos inclúen limpeza de cunetas, rega asfáltica de adherencia e pavimentación con formigón bituminoso en quente. Como mellora ofertada pola empresa adxudicataria, inclúese tamén a regularización previa da base e a instalación de elementos de suxeición de aceiro para os colectores de lixo.
A alcaldesa e responsable municipal de Obras, Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, visitaron os traballos que veñen a mellorar os accesos nesta localidade. Con esta obra, continúa o plan de mellora integral de vías que se materializará este ano con cargo ao préstamo por valor de 1.750.000 euros, -con cargo aos remanentes municipais- froito dun acordo respaldado por toda a Corporación Municipal.
Publicidade
A día de hoxe xa foron executadas as obras de mellora nos lugares de Toiriz e Toxa, da parroquia de Silleda, en Costela (Margaride) e na parroquia de Rellas (A Lama e Torrevedra) .
Publicidade
En canto aos proxectos restantes, os correspondentes ás parroquias de Manduas, Piñeiro e Abades, iniciránse nas vindeiras semanas estando a piques de rematar o proceso de contratación. No caso das obras de Chapa, Cira e Dornelas, estes contan xa por fin con todas as autorizacións sectorais, polo que se licitarán de maneira inmediata, quedando pendente só as de Ponte, pendentes dunha autorización da Xunta de Galicia.
Kommentare