top of page

Ecos da Alma: Ninguén nos prepara para a morte

A maneira de afrontar a morte dun ser querido 



Laura Moure/Xeral

ree

Ninguén nos prepara para a morte dun ser querido. Falamos de moitas cousas ao longo da vida: do amor, do traballo, dos soños, mesmo das frustracións… pero o silencio cae cando se trata da perda.


Quizais porque a morte nos recorda a nosa propia fraxilidade, ou porque non hai palabras que realmente alivien a dor. Mais, por moito que a evitemos, todos teremos que enfrontarnos a ela máis dunha vez. 


Non hai manuais para aprender a despedirse para sempre, nin escolas onde ensinar o silencio que queda cando alguén marcha. E dicimos que o tempo cura, pero o tempo non cura: o tempo só amosa que se pode vivir co baleiro,  que se pode sorrir aínda que falte unha voz.


Falar da morte é tamén falar do amor,  porque só doe o que foi amado.  E quizais por iso é importante non calar,  poñerlle palabras á ausencia,  abrir as fiestras do medo  e deixar entrar a luz da lembranza. E permitídevos chorar cando vos apetezca, tamén en público. Porque non deberiamos sentir vergoña por chorar. As bágoas son a linguaxe da alma cando as palabras non chegan. Chorar pola morte é tamén un acto de amor. A sociedade ensínanos a agochar a dor, a sorrir cando dentro se rompe todo, mais a verdade é que nos limpa, nos humaniza, nos recorda que sentimos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cando alguén que amamos marcha, o mundo detense completamente. Hai un vacío que nunca sentiches. Tes que empezar a falar desa persoa en pasado. Miras continuamente para o lugar da cociña onde el comía, recordas cada frase que el dicía,... e paréceche incrible que non o volvas ver.


Tamén te sentes mal por ver que a túa vida e o mundo enteiro continúa sen el. E sentes rabia e dor porque pensas: ninguén somos imprescindible. Sen embargo, sabes que iso non é certo Porque, si, tes que seguir co traballo, tes que seguir comendo, tes que seguir levantándote cada día… pero esa persoa xamais deixará de ser parte de ti, porque falta fisicamente, pero sen embargo, está máis presente ca nunca en cada momento do teu día a día. Por que sabedes? Nada nin ninguén, nin sequera a morte, borra o que o corazón grava. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page