top of page

O Concello de Touro repartirá en total 1.000 euros en premios nun concurso de decoración de Nadal

Este ano ampliará a iluminación nas parroquias, incluídas unha igrexa e catro capelas


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro prepara xa o acendido do alumeado ornamental de Nadal, que este ano amplía o seu alcance tanto no núcleo urbano como nas parroquias e adianta a data de acendido con respecto aos anos anteriores. Ademais, convoca un concurso de decoración navideña Touro vive o Nadal tanto para o tecido comercial como para particulares. Repartirá 1.000 euros en premios.

ree

"A partir do 5 de decembro de 2025, Fonte Díaz e as parroquias de Touro vestirán as súas mellores luces para celebrar estas datas, coa instalación de máis arcos luminosos e novas propostas decorativas que farán brillar cada recuncho do noso concello", salienta o Concello que apunta as seguintes novidades para este Nadal:

  • Ampliación da iluminación nas parroquias, con máis arcos.

  • Iluminación ornamental da Igrexa de Fonte Díaz e das capelas de Santa Cristina en Foxás, Coto en Loxo, Socorro en Prevediños e Santa Isabel en Beseño.


"O sistema será rotatorio, de maneira que o vindeiro ano outras catro capelas ou igrexas doutras parroquias pasarán a formar parte do programa", explica.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, o Concello quere implicar á veciñanza e ao tecido comercial coa convocatoria dun Concurso de decoración de Nadal, dirixido a particulares e establecementos, que contará con premios económicos e cuxas bases se publicaron onte, 5 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Toda a información no enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/05/2025_0000007154.pdf

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page