top of page

Ecos da Alma: De pai a fillo, de fillo a pai

Reflexión sobre a vellez e/ou enfermidade dun pai


Laura Moure/Xeral

ree

Hoxe volvín mirar para meu pai con ollos novos. En cuestións de semanas a vida foille  roubando forza, memoria e decisións, e agora vexo nel unha inocencia que me doe e me enternece ao mesmo tempo. É como se a roda da vida o estivese levando cara atrás: quen un día me ergueu en brazos e me acompañou nos meus primeiros pasos, agora precisa que sexa eu quen lle sosteña a man e lle axude a camiñar e sobre todo, intentar calmalo e facerlle saber que segue sendo necesario para todos nós, aínda que el se mire no espello e lle coste recoñecerse. Aínda que nos diga que o único que fai agora é darnos traballo. Pero eu só sei que o seu sorriso ilumina a casa e que a súa man segue a darme calma. El non o cre, pero segue sendo imprescindible.


Hai momentos de tristeza, porque non é doado aceptar que a figura forte da infancia se volve fráxil, case coma un neno que busca seguridade en cada xesto. Doe, cansa, sentes que é unha inxustiza… Pero tamén hai momentos de tenrura, porque descubro que coidar é outra forma de amar, quizais a máis pura.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A vellez e a enfermidade tráenos preguntas que non sempre sabemos responder: como acompañar sen perder a paciencia, como aceptar sen resignarse, como devolver, en forma de coidado, todo o que un día recibimos. Non teño respostas claras, só a certeza de que este camiño é compartido e a vida é así: dá a volta e volve poñernos diante do espello do amor. E algún día seremos nós os que estaremos no outro lado do espello e oxalá alguén estea ao outro lado coidando de nós tamén. 


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Porque a historia sempre se repite: De pai a fillo, de fillo a pai. Pero o máis importante é collernos da man ata o final.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page