top of page

Ecoloxistas en Acción acredita mediante un informe "a situación de quiebra económica de Cobre San Rafael"

Ecos da Comarca/Touro

Ecoloxistas en Acción encargou un Informe sobre a Solvencia Económica y Financiera de Cobre San Rafael (CSR), a sociedade mercantil creada para un novo intento de reapertura da antiga mina de cobre de Touro e O Pino. O informe foi elaborado por un licenciado en Administración e Dirección de Empresas, e Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade Pablo de Olavide, de Sevilla, posgraduado en Dirección Económica Financeira e Experto Universitario en Xestión da Innovación.


"No informe, realizado por un perito económico e financiero, revela que o Patrimonio Neto de Cobre San Rafael, a efectos do art. 363, é negativo por importe de -2.654.053,00 euros, atopándose a Sociedade incursa en causas de disolución. O informe acredita que a sociedade CSR está en situación de suspensión de pagos debido á existencia dun Fondo de Manobra Negativo por importe de 273.340 euros en 2022 (973.409 euros en 2021). Os datos que acreditan esta situación concursal están reflectidos na Memoria das Contas Anuais do exercicio 2022. Memoria contida na documentación (Anejo 2, nota 2.8) entregada por Cobre San Rafael na tramitación da concesión de explotación mineira", aseguran Ecoloxistas en Acción.

O informe desvela ademais, tal e como indican, "que a situación de quebra patrimonial constátase nas Contas Anuais presentadas por CSR no Rexistro Mercantil de Compostela nos últimos exercicios: 2021, 2022, 2023 e 2024. Segundo a documentación do Rexistro Mercantil, os últimos exercicios económicos de CSR lanzan uns resultados de desequilibrio patrimonial, que pon á mercantil nunha situación financeira crítica, con perdas recorrentes, un patrimonio neto negativo e dependencia financeira dos seus accionistas".


En concreto, as contas rexistrada sinalan que "a sociedade Cobre San Rafael, S.L. presenta un patrimonio neto negativo de -7.760.616 euros ao 31 de decembro de 2022 que ven a agravar a mala situación económica rexistrada en 2021 cun patrimonio negativo de -5.283.929 euros. Esta situación débese a perdas acumuladas (-10.302.043 euros) e ao resultado negativo do exercicio 2022 (-2.476.686 euros). En 2023, o patrimonio neto negativo ascende a -9.895.403 euros (fronte a -7.565.670 euros en 2022). Isto indica unha situación de insolvencia técnica, xa que as débedas superan amplamente os activos.

O risco financeiro é neste sentido que se incumpre o requisito legal do artigo 363 da Lei de Sociedades de Capital, que establece a disolución obrigatoria se o patrimonio neto é inferior á metade do capital social, salvo que se regularice ou se acolla a moratorias".


"As contas anuais de CSR a data do 31 de decembro de 2024 tamén confirman unha situación de desequilibrio patrimonial por quinto ano consecutivo.  A situación patrimonial é crítica xa que o patrimonio neto é negativo (-5.625.921 €) debido a perdas acumuladas (-14.917.654 €). Isto supón, de novo, o incumprimento do artigo 363 da Lei de Sociedades de Capital ante a obrigada disolución da sociedade mercantil se as perdas reducen o patrimonio neto a menos da metade do capital social".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, Ecoloxistas en Acción sinala no seu informe que existen "graves irregularidades na información económica e financieira sobre as dúas sociedades propietarias de Cobre San Rafael. Explotacións Galegas SL, socio maioritario cun 90% das participacións sociais; e a mercantil Atalaya Touro UK Limited, socio minoritario que conta co 10% das participacións sociais, tamén están obrigadas a xustificar a súa solvencia económica.

Ecoloxistas en Acción denuncia que a  xustificación de solvencia económica de Explotacións Galegas SL remite a un informe elaborado seis anos antes da data do “Informe de Solvencia Económica e Financeira Cobre San Rafael” o que impide unha valoración das circunstancias económica actuais desta sociedade mercantil propietaria maioritaria de Cobre San Rafael. Respecto a outra propietaria, Atalaya Touro UK Limited, alertan que no informe de solvencia económica non se inclúe información respecto a esta sociedade inglesa: O informe remítese en todo caso á información incluída da sociedade chipriota ATALAYA MINING PLC, información enganosa, xa que esta non é a sociedade accionista de Cobre San Rafael".


Ecoloxistas en Acción entregou o informe realizado no xulgado no que se dirime o contencioso presentado pola  organización ecoloxista contra a declaración de Proxecto de Interese Estratéxico (PIE) á reapertura da mina de Touro e O Pino. Solicitan que se teña en conta "estas graves irregularidades e se invalide a declaración de Proxecto de Interese Estratéxico realizada pola Xunta de Galicia para favorecer o proxecto mineiro de Cobre San Rafael".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Esiximos á Xunta de Galicia que arquive inmediatamente o expediente de concesión de explotación mineira a Cobre San Rafael e que retire a declaración de Proxecto de Interese Estratéxico (PIE) ao proxecto de reapertura da mina de Turo e O Pino. Ademais, entendemos que se non o fai así estará incurrindo nun delito de prevaricación que levaremos ante a xustiza”, declarou o voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page