top of page

Dúas persoas refúxianse no tellado durante o incendio dunha casa en Rois

Ecos da Comarca/Xeral

Esta madrugada rexistrouse un incendio nunha casa en Rois, tal e como informa o 112 Galicia. Dúas persoas tiveron que refuxiarse no tellado durante o incendio.

Incendio hoxe. Fonte: G.E.S Padrón
Incendio hoxe. Fonte: G.E.S Padrón

Ninguén resultou ferido a causa do lume, malia que no interior da vivenda había cinco persoas, dúas buscaron acubillo no tellado. O incendio comezou nunha habitación situada na planta inferior, o que dificultou que os ocupantes puideran saír.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Non obstante, á chegada dos membros do GES de Padrón, pouco a pouco foron abandonando o inmoble e as dúas persoas acubilladas no tellado foron rescatadas polo equipo de emerxencias.


Tras recibir o 112 Galicia o aviso sobre o incendio, ás 6:30 horas de hoxe, activáronse todos os recursos necesarios, isto é, GES de Padrón, Bombeiros de Boiro, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Protección Civil e Garda Civil.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Finalmente, só unha persoa tivo que ser atendida in situ polo equipo médico e, en relación aos danos causados polo lume, resultou calcinada unha habitación e toda a casa sufriu os efectos da acumulación de fume. O suceso tivo lugar en Oín de Abaixo, en Rois.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page