top of page

Dúas persoas feridas, unha delas estaba inconsciente, nun accidente en Touro

Ecos da Comarca/Touro

Pasada media hora da medianoite deste sábado, o 112 Galicia foi alertado por un accidente de tráfico no municipio de Touro. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse con dúas persoas feridas.

O accidente desta medianoite en Touro. Autor: Bombeiros de Arzúa.
O accidente desta medianoite en Touro. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Tal e como informa o 112, tratouse dunha saíde de vía dun coche e os Bombeiros de Arzúa tiveron que empregar o seu material de excarceración para liberar a un dos implicados, que se atopaba inconsciente. Ambos foron evacuados polos servizos sanitarios.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este accidente rexistrouse no quilómetro 9,500 da AC-960 no lugar da Porcariza, San Miguel de Vilar (Touro). Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia de que había unha persoa atrapada, unha muller de 29 anos, e sinalou que o coche atopábase fóra da vía, nunha zona de silvas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Fomos informados ás 00:36 horas por unh saída de vía cunha persoa atrapada. Tivemos que rescatar á condutora. Despois informáronos que no coche viaxaba outra persoa, pero esta puido saír polo seu propio pé. A condutora foi trasladada na UVI móbil ao CHUS", sinalan os Bombeiros de Arzúa.


Segundos outras fontes, a outra persoa que viaxaba no vehículo era un menor.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro e os servizos de mantemento da estrada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page