Dúas persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos en Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A localidade de Arzúa segue sumando accidentes na N-547. Este martes tivo lugar outro no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou con dúas persoas feridas.

O 112 Galicia foi alertado ás 18:02 horas. Tal e como informa o 112 tratouse dunha colisión entre dous turismos na Rúa de Santiago.
PUBLICIDADE
Primeiramente, unha persoa queixábase de dor no pescozo, pero finalmente, os equipos sanitarios tiveron que atender a dúas persoas.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil deste municipio.








Comentarios