top of page

Dozón solicitará un crédito de 150.000€ para mobilizar máis de 919.000 € de investimentos

Entre as actuacións previstas figuran o novo viveiro de empresas, a construción dunha

pista multideporte no CEIP Pío Cabanillas ou a adquisición dunha biotrituradora


Laura Moure/Dozón

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, convocou para o vindeiro martes ás 13:00 horas un pleno de carácter extraordinario para aprobar un expediente de concertación dunha operación de crédito a longo prazo por un importe de 150.000 euros para posibilitar a realización de investimentos nos vindeiros meses por un montante global de 919.152,94 euros.

Segundo explicou, esta operación de crédito débese a que o goberno local logrou “a

concesión de máis subvencións doutras administracións das inicialmente previstas para acometer diferentes proxectos, polo que se esgotaron as partidas orzamentarias para afrontar a cofinanciación desas actuacións conseguidas”.


Entre elas figuran a construción do segundo viveiro de empresas, a construción dunha

pista multideporte no CEIP Pío Cabanillas Gallas, a adquisición dunha biotrituradora, a reparación do firme nun treito do Camiño de Santiago, a mellora das instalacións da piscina municipal e a finalización do proxecto de rehabilitación da casa consistorial.

“Por cada euro que aporta o Concello a través do crédito que se solicitará conséguense

seis euros doutras administracións, o que acredita a capacidade de xestión deste

goberno e o que nos vai permitir conseguir novamente no período 2022-2023 unhas

cifras récord de investimentos”, subliña o rexedor local. Ademais, indica que a citada

operación de crédito conta cos informes favorables de Intervención e Secretaría e

resalta que “a ratio de endebedamento do Concello de Dozón está moi por debaixo

dos límites legais que marca a normativa”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page