top of page

Dozón mellora a eficiencia enerxética do edificio destinada a alugueiro social

Contou cunha achega da Xunta de 120.000 euros


Laura Moure/Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o concello de Dozón con motivo das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio municipal destinado a alugueiro social. Así, o concello contou cunha achega da Xunta de 120.000 euros, o que supón o 80% do investimento total, que permitiu realizar varias actuacións clave. Por un lado, renováronse as luminarias, substituíndo as antigas por novos puntos de luz led de baixo consumo.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais, mellorouse a climatización e o illamento do edificio mediante a renovación de

portas e ventás. Por último, instalouse unha caldeira de pellets que permitirá un importante aforro enerxético.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de “apostar por edificios máis eficientes que, ademais de diminuír os gastos correntes dos concellos, os

fagan máis sostibles”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Cabe destacar que o financiamento desta obra encádrase na Estratexia de cambio

climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027, que ten como

obxectivo contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á

mitigación dos efectos do cambio climático. Na área territorial de Pontevedra

beneficiáronse desta liña de axudas oito concellos por valor de máis de 856.000 euros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page