top of page

Dous operarios resultaron feridos en Forcarei tras envorcar a máquina coa que traballaban

Ecos da Comarca/Xeral

Dous operarios resultaron feridos en Forcarei tras envorcar a máquina coa que traballaban tal e como informa o 112 Galicia. Os dous traballadores facían traballos coa máquina nun monte situado na N-541, no quilómetro 51,5, dirección Ourense.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Un particular foi quen deu o aviso ao 112 Galicia, ás 15:20 horas desta tarde. Indicaba que envorcara unha máquina no monte e que dous traballadores resultaran feridos. Os dous operarios estaban liberados e accesibles e, segundo o alertador, estaban sendo trasladados ata a gasolineira da Portela, moi preto onde ocorreron os feitos, ata que chegase a axuda sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado dos dous operarios ao Hospital de Ourense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page