Dous irmáns faleceron e outras catro persoas resultaron feridas tras unha colisión frontal no Porriño
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Dúas persoas faleceron este venres e outras catro resultaron feridas tras unha colisión frontal no Porriño. Un dos feridos, o máis grave, foi evacuado en helicóptero medicalizado ao hospital.

Apenas uns minutos antes das tres desta tarde, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas particulares e mesmo do sistema automático de alerta dun dos vehículos para informar dunha colisión frontal na PO-510, no punto quilométrico 2, ao paso polo Porriño.
Os alertadores mencionaron a posibilidade de que houbese persoas atrapadas, así que, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros do Baixo Miño, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pola súa parte, o servizo de urxencias médicas enviou, a maiores, unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, onde, finalmente, se trasladou ao ferido máis grave.
PUBLICIDADE
Paralelamente, os bombeiros ocupáronse do rescate das persoas atrapadas, que resultaron falecidas. Eran os dous únicos ocupantes dun dos turismos implicados, membros da mesma familia. En concreto eran dous irmáns. Unha muller ede 68 anos e un home de 62.
No outro coche viaxaban catro persoas e todas resultaron feridas, unha delas, a máis grave, foi evacuada no helicóptero.
PUBLICIDADE
Ademais de sanitarios e bombeiros, desde o 112 Galicia, informouse da situación aos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal especializado no Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Profesional de Psicólogos de Galicia.
Durante o rescate das vítimas e a atención dos feridos, a estrada estivo cortada ao tráfico. Agora, cando xa foron retirados os vehículo, restableceuse a circulación en condicións de seguridade.








Comentarios