top of page

Doma clásica e Equitación de Traballo sumarán dous concursos nacionais á segunda xornada de Equina

A cita será do 10 ao 12 de xullo na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda

Laura Moure/Silleda

Equina Galicia 2026, que terá lugar do 10 ao 12 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), contará con nove importantes competicións. Delas, sete celebraranse exclusivamente o segundo día do evento e estarán centradas en Doma Clásica e Equitación de Traballo. En canto a doma clásica, Equina contará con importantes novidades.

Así, por primeira vez incluirá un Concurso Nacional de Doma Clásica, con dúas estrelas da Real Federación Hípica Española, unha categoría que xa supón unha alta esixencia técnica e que implica tamén que un dos xuíces deba ser internacional tres estrelas. Ademais, estréase unha Copa ANCCE (Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española) de Doma Clásica, tamén clasificatoria para SICAB, a única no norte de España nestes momentos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así mesmo, estréase tamén a Copa Concello de Silleda e repiten a Copa Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, o Territorial da Federación Hípica Galega, que é

clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica; a XXVII Copa Accega e o

VIII Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica. Nesta última proba poden

participar todas as razas de cabalos de deporte europeos, rexéndose polos criterios da

Real Federación Hípica Española e incluíndo desde categoría infantil ata olímpica.


O gran nivel destas probas supuxo que, a falta de pechar aínda inscricións, o número de binomios (cabalo e xinete ou amazona) sitúese no medio centenar, de distintos puntos da xeografía española. Unha alta cifra de participación que implicou unha vez máis o reforzo dos equipos de traballo e o acondicionamento de dúas pistas para o seu desenvolvemento, ademais de consolidar esta cita como a de maior participación de Galicia no que a doma clásica refírese.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O mesmo 11 de xullo celebrarase a III Proba da Federación de Equitación de Traballo, a cal tamén é puntuable para o campionato nacional, por segundo ano consecutivo. Unha proba que incrementou participantes ata preto dunha vintena, con rexistrados de Galicia, Navarra, Estremadura, Castela-León, Madrid e Andalucía.


Outros concursos e conferencias

Equina, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) e cuxa entrada será gratuíta, terá como eixo central o XII Campionato de

España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional que se celebrará todos os días do evento. Así mesmo, o domingo acollerá outra salientable competición, un Open de Enganches no que poderán participar tanto federados, para os que será puntuable para o Campionato Galego, como non federados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Sumaranse nesta edición unha conferencia e un clinic. A xornada celebrarase o venres, día 10 de xullo ás 12:30 horas, e baixo o título “Intelixencia artificial e o cabalo de pura raza

española”, abordará como a IA está a transformar a cría, xestión, saúde e comercialización do Cabalo Español. En canto ao clinic, será o sábado 11 de xullo ás

12:00 horas, e centrarase en saddle fitting, que é o proceso de adaptar a cadeira de equitación á anatomía do cabalo e do xinete.


Ademais, no marco de Equina Galicia 2026 haberá de novo bautismo hípico para achegar a equitación aos máis novos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page