top of page

Distintos medios de extinción colaboran nun incendio nun complexo hoteleiro en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) están a colaborar nos labores de extinción dun incendio que se declarou nun complexo hoteleiro en Palas de Rei, na Rúa Bernardino Pardo Ouro. O equipo do GALI mobilizou ata ao lugar un camión cisterna cunha capacidade de vinte e cinco mil litros de auga para abastecer aos equipos de extinción.

Foto arquivo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o incendio orixinouse nas cociñas dun dos tres complexos que compoñen as instalacións do hotel. Arestora, o lume está controlado e os servizos de emerxencia continúan a traballar para atallar as brasas que se manteñen acesas. Afortunadamente, malia que había persoas aloxadas nas instalacións, ningunha resultou ferida.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ás cinco e media da pasada madrugada, a través dos axentes da Garda Civil. A partir de aí activouse un operativo no que están a intervir os Bombeiros de Chantada e de Arzúa, os efectivos do GES de Monterroso, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei, unha motobomba da Central de Incendios de Lugo e o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page