Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Dez concellos das catro comarcas reciben 800 euros para as súas bibliotecas ou axencias de lectura

Son Antas de Ulla, Lalín, Monterroso, O Pino, Rodeiro, Santiso, Silleda, Toques, Touro e Vila de Cruces

Laura Moure/Xeral

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento CT236A). Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa os Concellos beneficiarios son:

  • Antas de Ulla (Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla): 874 euros.

  • Lalín (Biblioteca Pública Municipal de Lalín): 874 euros.

  • Monterroso (Biblioteca Pública Municipal Lorenzo Varela): 874 euros.

  • O Pino (Biblioteca Pública Municipal do Pino): 874 euros.

  • Rodeiro (Biblioteca Pública Municipal Manuel Lamazares): 874 euros.

  • Santiso (Axencia de Lectura Municipal de Santiso): 874 euros.

  • Silleda (Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao): 874 euros.

  • Toques (Axencia de Lectura Municipal de Toques): 874 euros.

  • Touro (Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas): 874 euros.

  • Vila de Cruces: (Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas): 874 euros.

A biblioteca pública de Lalín, unha das que se ve beneficiaria destas axudas.

Autor: Ecos da Comarca.

131 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE