
Detido un home como presunto autor de 16 delitos de roubo en casas deshabitadas no Pino
Ecos da Comarca/O Pino
A Garda Civil detivo a un home como presunto autor de 16 delitos continuados de roubo con forza no interior de vivendas deshabitadas nas localidades de Arca e O Pino. Os roubos comezaron en decembro de 2021 cando as autoridades observaron que unha ou varias persoas accedían ao interior das vivendas rompendo os cristais das xanelas cun obxecto "contundente".

Unha vez no interior roubaban a comida e facían uso da vivenda, que estaban deshabitadas ou se trataban de segundas residencias para durmir e cociñar. Estes feitos causaron gran preocupación entre os veciños destas vilas.
A Garda Civil procedeu a investigar os feitos co fin de localizar ao autor ou autores e recuperar os efectos roubados. Ao longo da investigación, conseguiron identificar o autor e posteriormente detelo na localidade do Pino. O home pasou a disposición xudicial no Xulgado de Garda de Arzúa.