top of page

Detido tras roubar nun coche no Pino e arroiar ao propietario do vehículo

Ecos da Comarca/O Pino

O Equipo ROCA da Garda Civil de Santiago de Compostela en colaboración coa Garda Civil do Posto de Arca, detivo a un home como suposto autor dun delito roubo no interior de vehículo, outro de furto de uso de vehículos e un terceiro de lesións, na fase de explotación da operación Orsirodos.

A mencionada operación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Arca. Na mesma comunicaba que o día 15 de abril do ano en curso estacionou o seu vehículo nas proximidades dunha leira da súa propiedade no termo municipal de Arca, co fin de realizar diversas tarefas agrícolas, mentres se atopaba realizando as mesma, decatouse da presenza dun home, o cal accedera ao interior do turismo e estaba a subtraer a carteira da vítima.


Publicidade

Tras verse sorprendido, o agora detido introduciuse nun turismo e iniciou a fuxida, arroiando ao denunciante, o cal tivo que trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela para recibir asistencia médica polas lesións sufridas. A Garda Civil iniciou unha investigación ao obxecto de corroborar a veracidade dos feitos e identificar o autor dos mesmos no seu caso. No transcurso da investigación, os gardas civís actuantes lograron, tras a análise exhaustiva da información solicitada, a identificación plena do presunto autor, resultando ser un veciño da Coruña, coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, ao que ademais lle constaban dous requisitorias de procura detención e comparecencia, así como que o vehículo utilizado fora subtraído no termo municipal de Bergondo.


Publicidade

A Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun roubo en interior de vehículo, outro de furto de uso de vehículos e un terceiro de lesións. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución da Coruña.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page