top of page

Detectouse un positivo no campamento de Rodeiro

A Casa da Cultura desta localidade acollerá este martes un cribado para todos os asistentes a esta actividade e para os monitores


Laura Moure/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, acaba de informar de que este luns a raíz da realización de probas de detención de Covid a contactos estreitos duns positivos diagnosticouse un caso positivo entre os asistentes ao campamento. "Automaticamente puxémonos a traballar para articular un cribado a todos os asistentes aos campamentos (de mañá e tarde) e monitores. Este cribado terá lugar mañá, martes, na Casa da Cultura entre as 10:00 e 11:30 horas", apunta.

"Os pais e nais foron informados ás 16:00 horas pola concelleira de Cultura, Belén Calvo, e por min no colexio do que acontecera, de que se suspendían provisionalmente os campamentos e de que estabamos traballando para facer un cribado", indica Quintá. "Ao longo da tarde confirmouse a realización do cribado. Chamouse por teléfono persoalmente a todos os pais e nais para informalos dos horarios e lugar do cribado", engade.


"O feito de que todo se fixera tan rápido provocou que houbese un erro. A mensaxe de convocatoria para o cribado que lle chegou aos pais e nais citábaos para o centro de saúde de unha poboación da provincia da Coruña. Realmente tiña que citalos para a Casa da Cultura. Ante unha situación destas características, a solución que se aplica é inmediata por iso agradezco o esforzo de todas as persoas que durante toda a tarde (ata fai pouco) traballaron codo con codo conmigo para realizar este cribado".


O mandatario pide desculpas por non informar antes á toda a veciñanza. "Pero foi unha tarde moi intensa de traballo no que o principal obxectivo e os esforzos se centraron en que se levara a cabo o cribado".


Ademais, o rexedor informa que foron diagnosticados cinco novos casos de Covid neste municipio, destes un deles é un asistente ao campamento na quenda da tarde, polo tanto, hai seis activos en total.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page