top of page

Despois de dous anos debido á pandemia, Rodeiro acolleu a XXVIII Festa da Terceira Idade

Os premiados foron Edelmira Dacal Failde (96 anos) e Serafín Doporto Sánchez (93 anos), como os máis lonxevos e o matrimonio de Gloria Fernández Saa e José Miguel García Viana


Laura Moure/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, salientou o coidado das persoas maiores como “máxima prioridade” do Goberno galego co gallo da celebración da XXVIII Festa da Terceira Idade que se celebrou onte en Rodeiro tras dous anos de suspensión polas restricións derivadas da crise sanitaria da Covid-19.


“A xente maior foi a que construíu a nosa terra, esa Galicia cun elevado nivel de vida e

benestar da que hoxe gozamos as novas xeracións, adicándolle moito esforzo e traballo,

polo que, como sociedade e tamén dende as administracións públicas, debemos amosarlle o maior cariño e as mellores atencións nesta etapa da súa vida, xa que o merecen con creces. E para elo traballamos todos os días dende a Xunta, artellando políticas, atencións, prestacións e servizos para que teñan a mellor vida posible”, sinalou o representante autonómico.

Luis López indicou, durante a súa intervención nesta xuntanza, que a Xunta está a

modernizar as residencias da terceira idade cun formato pioneiro en España, liderou a

vacinación fronte á Covid-19 en todo o Estado durante a inoculación das tres primeiras

doses e volve facelo co inicio da cuarta “para protexer aos maiores, que foron os máis

vulnerables fronte á pandemia”, artella un sistema de Coidados Porta a Porta para

achegarlles servizos de audioloxía, podoloxía e memoria, aplica rebaixas en impostos para

que as súas pensións non perdan poder adquisitivo, deseña programas e actividades que

leva a todos os concellos para que manteñan unha vida activa e ten habilitadas moitas

prestacións para a terceira idade -Xantar na Casa, o transporte adaptado ou a

teleasistencia- e infraestruturas, entre as que figuran as residencias, os centros de día ou

as casas do maior, entre moitas outras.


“En definitiva, a Xunta está volcada cos maiores, como non podía ser doutro xeito, en sinal

de cariño, de respecto, de agradecemento e de xustiza e cada día adicamos todos os

recursos posibles para que teñan a maior calidade de vida posible”, concretou.

O delegado territorial, acompañado polo alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, e doutros representantes municipais, participou deste xeito na XXVIII Xuntanza da Terceira Idade de Rodeiro, que contou coa presenza de 220 maiores do municipio e comezou pouco despois do mediodía cunha misa no Centro Cultural Manuel Lamazares.


Posteriormente, celebrouse un xantar popular na Praza do Parque e unha sobremesa, na

que se entregaron agasallos e premios e tivo lugar a agardada sesión de baile. Nesta

edición, os premiados foron Edelmira Dacal Failde (96 anos) como muller màis lonxeva ;

Serafín Doporto Sánchez (93 anos) , como home máis lonxevo; e o matrimonio de Gloria

Fernández Saa e José Miguel García Viana, tamén o decano de entre os asistentes.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page