Desaxolado o colexio de Monterroso por unha incidencia na caldeira da calefacción
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Este mediodía tivo que desaloxarse o colexio de Monterroso debido a unha incidencia na caldeira de calefacción, tal e como informa o 112 Galicia.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, minutos antes das 13:30 horas: estaba a saír moito fume da caldeira de pellets do colexio da localidade situado no Barrio dos Piñeiros, en Esporiz (Monterroso).
Publicidade
O persoal do centro contactou tamén co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e explicou que xa estaban todos fóra do centro, ilesos.
Os servizos de emerxencias acudiron ao lugar e confirmou que non había lume, mais a caldeira tiña unha temperatura elevada. Os propios operarios do centro ventilaron a sala e comprobouse que a situación era de novo segura.
Publicidade
No operativo participaron os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.








Comentarios