Desaloxada unha vivenda en Melide por un lume nunha finca anexa
- ecosdacomarca

- 13 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa recibiron onte, sábado, un aviso sobre as 14:00 horas por un incendio nunha finca urbana preto de vivendas en Melide, no que non resultou ningunha persoa ferida ou afectada, pero si se tivo que desaloxar unha vivenda próxima á finca onde se produciu o lume, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Publicidade
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron e extinguiron as lapas. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.
Publicidade
Completaron o operativo as motobombas do distrito correspondente e a Garda Civil.








Comentarios