top of page

Dúas persoas feridas nun accidente entre un coche e un camión en Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

Esta mañá produciuse un accidente de tráfico en Agolada. O suceso ocorreu sobre as 6:45 horas.

O mesmo ocorreu na N-640 á altura da localidade de Agolada. Víronse implicados un coche e un camión, tal e como informa o 112 Galicia.


Foi precisamente un particular quen alertou ao 112. O sinistro saldouse con dúas persoas feridas, pero xa se atopaban fóra do vehículo, segundo o 112.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Foron avisados Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, o GES de Lalín, a Protección Civil de Agolada e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page