top of page

Dúas persoas feridas nun accidente entre dous coches en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso.

Este mércores produciuse un accidente no municipio de Monterroso. No mesmo víronse implicados dous coches e saldouse con dúas persoas feridas leves.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tal e como informa o GES de Monterroso, foron avisados ás 11:08 horas polo 112. "Tratouse dun accidente frontolateral na LU-221 KM1+- en Bidouredo, Monterroso, na saída do núcleo urbano despois dunha recta cun cruce perigoso sen moita visibilidade. Un coche cruza a estrada e outro impacta lateralmente polo lado da condutora", informa o GES de Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Ademais indica que as dúas condutoras e únicas ocupantes quedaron feridas leves, sen estar atrapadas e estaban conscientes, e foron trasladadas ao Hospital Ribera Polusa, en Lugo.



Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page