top of page

O Concello de Monterroso mellora sete rúas gracias a un convenio de colaboración coa Xunta

Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso vén de asinar un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia executar o proxecto de humanización de sete rúas da localidade. En concreto, vaise actuar nas rúas Álvaro Cunqueiro, Avenida do Marco, rúa Xoán Montes, rúa Irmán Xesús, travesía da Feira, rúa da Xesta e rúa San Miguel.


En todas elas procederase á reparación e mellora da capa de rodadura e, a maiores e segundo os casos, repintaranse as marcas viarias e colocaranse novas luminarias led.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O presuposto total dos traballos, que financia a Xunta de Galicia na súa totalidade, ascende a 96.430 euros. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo concelleiro Balbino Martínez, visitou as rúas nas que se vai actuar e sinalou que "seguimos adiante co compromiso de mellorar estas vías que se atopan moi deterioradas, o que permitirá unhas mellores condicións de seguridade e mobilidade para os usuarios e usuarias".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page