top of page

Culinaria encargouse da elaboración das carnes do Gran Cocido de Lalín solidario celebrado en Madrid

1 abr 2023
2 min de lectura

Os máis de 60 mil euros recadados foron entregados en dous cheques de 30.011 euros ao Banco de Alimentos e a Mensaxeiros pola Paz


Laura Moure/Deza

A empresa silledense Culinaria foi a encargada de preparación dos 1.300 quilos das carnes ofrecidas no Gran Cocido de Lalín con Sabor Solidario, que se celebrou este xoves no recinto de IFEMA, en Madrid, que conseguiu reunir a máis de 1.600 persoas e recadar máis de 60 mil euros.


A totalidade das carnes foron cociñadas pola empresa cun delicado proceso de

preparación combinando os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de

conservación máis innovadores e seguros para acadar a máis alta calidade e que se

puideran servir con todo o seu esplendor.

Este proceso posibilitou á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria no seu transportado a Madrid. O éxito foi rotundo como o amosaron as cifras de comensais, máis de 1.600, que se acercaron a degustar este produto, por excelencia, da cociña galega.


Embaixadores de Galicia e apoio a fins solidarios

Culinaria participa así como empresa patrocinadora a nivel nacional na promoción

do Cocido de Lalín e na difusión da excelencia dos seus produtos e da cociña da

comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Recentemente recibiron un galardón

como empresa colaboradora por dúas elaboracións na Feira do Galo que se celebrou a

finais de decembro do 2022. Asemade, a empresa participa coa Asociación de Criadores de Galos de Curral de Vila de Cruces na promoción deste produto autenticamente galego, criados sen castrar e en liberdade e alimentados con produtos de tempada e cultivo orgánico que evita a graxa do polo industrial.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros

cadrados situada na Comarca de Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran

entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda

a comunidade galega. No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro e Menú Atlántico, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornas clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page