top of page

Cuiña reunirase ca xefa territorial de transportes pola problemática da liña de bus Santiago-Ourense

5 oct 2023
1 min de lectura

O alcalde de Silleda trasladaralle as numerosas incidencias manifestadas pola veciñanza e persoas usuarias xa que esta é a máis utilizada polos veciños e veciñas deste municipio


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, manterá o vindeiro día 19 un encontro ca Xefa Territorial de Mobilidade da Coruña, Judit Fontela Baró, para abordar os distintos

problemas detectados ca liña de autobús entre Santiago e Ourense que realiza a empresa Monbús.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tal e como xa informara no pleno ordinario do pasado día 28, dende a Alcaldía estábase á espera de fixar a data para o encontro solicitado, .


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde trasladará así mesmo as 154 sinaturas presentadas no Concello de Silleda apoiando o escrito de queixa por retrasos nos horarios, solapamento de liñas nalgún caso ou situacións nas que o autobús non parou nas distintas paradas establecidas. “Nada máis ter coñecemento da situación, o goberno municipal solicitamos unha xuntanza ca delegación de Mobilidade en Pontevedra, se ben por tratarse da liña Santiago-Ourense, os responsables autonómicos nos remitiron á xefatura da Coruña”, indica Cuiña, que avanza que se dará traslado tamén ás persoas promotoras da recollida de sinaturas do contido da reunión do vindeiro día 19.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page