top of page

Cuiña participa nunha reunión en Segovia da Federación Española de Municipios e provincias

En concreto, o alcalde de Silleda asistiu á reunión da Comisión de Modernización, Bo Goberno e Participación Cidadá


Laura Moure/Silleda

Manuel Cuiña.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, participou este xoves na reunión da Comisión de Modernización, Bo Goberno e Participación Cidadá Federación Española de Municipios e Provincias (Femp). Cuiña, que forma parte desta entidade dende decembro de 2015, cando foi designado como representante do PSOE, asistiu á xuntanza da comisión celebrada no pazo provincial da Deputación de Segovia .


Na sesión, abordaronse cuestións como a Carta Municipal de Dereitos Dixitais, con temas como a extensión da rede 5G para a mellora das telecomunicacións, ou outras propostas de interese como a información do grupo de traballo da Femp que está a elaborar un documento de simplicación de procedimentos administrativos.


Fogueiras de San Xoán

O vindeiro luns 21 será o último día para solicitar no Concello de Silleda a realización de cacharelas de San Xoán. Dende o Concello lémbrase que estas celebracións, na noite do 23 ao 24, só poden realizarse en espazos privados.


A celebración de fogueiras de San Xoán en espazos públicos non se poderían  realizar atendendo ao que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021, pola que se mantén en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.


Para a celebración de fogueiras en espazos privados, poderían ser como máximo de 15 persoas como vén establecido na orde de 10 de xuño. Dende o Concello comunicarase ás persoas solicitantes as normas que deben de cumprir, tanto relativas ás medidas sociosanitarias como ás de prevención de riscos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page