top of page

Cruces recauda 545 euros na súa San Silvestre para a Fundación Martín Álvarez Muelas

Houbo un total de 109 inscritos


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces, dentro da súa programación de Nadal, celebrará onte, domingo, 28 de decembro, a carreira de San Silvestre 2025. Esta edición converteuse nun evento solidario a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas, que impulsa e promove accións que, en colaboración con equipos médicos e científicos, favorezan a identificación de tratamentos que melloren os procesos do cancro infantil en xeral e, en particular, o DIPG infantil (Glioma Difuso Intrínseco de Tronco), un cancro cerebral extremadamente agresivo e pouco común nos máis pequenos que tristemente se levou a unha pequena veciña do Concello, Lara García.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Entre a carreira absoluta, infantil e andaina houbo un total de 109 inscritos, que cada un deles ingresou directamente a asociación 5 euros, o que suma un total de 545 euros recaudados para esa boa causa.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Finalmente, os participantes puideron desfrutar de chocolate con churros gratis e tivo lugar o sorteo de catro cestas de Nadal.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page