top of page

Cruces prepárase para gozar da observación da eclipse de sol desde o miradoiro do Alto da Madanela

É necesaria a inscrición previa e as primeiras 250 persoas inscritas recibirán gratuitamente unhas gafas para a contemplación da eclipse


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces afánase en ultimar a loxística e o programa que acompañarán a contemplación da eclipse total de sol que será visible desde Galicia o vindeiro 12 de agosto a última hora da tarde e que durará escasamente dous minutos. Ao Alto da Madanela accédese pola estrada PO-960 (parroquia de Carbia), hai senllos indicadores visibles nos dous sentidos da circulación na desviación que leva ao miradoiro.

A organización municipal reforzará a sinalización ata a ermida e delimitará a zona, que será accesible a partir das 18 horas e contará cun espazo de aparcamento. Desde a desviación ata o lugar hai 2,5 km, pouco máis de cinco minutos en coche. A inscrición previa para asistir á observación desde A Madanela é obrigatoria, enviando un correo electrónico a noemi.lois@viladecruces.es As primeiras 250 persoas inscritas recibirán gratuitamente unhas gafas para a contemplación da eclipse.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O veterano astrónomo Eduardo Ojero, natural de Valladolid, afincado na parroquia cruceña de Piloño, impartirá unha charla previa á observación da eclipse cara ás 19:30 horas no propio lugar de concentración. E usará un equipo de son para escoitar ao astrónomo, o mesmo que usará pola noite en Piloño para ver as Perseidas ou bágoas de San Lourenzo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.


Esta actividade, en colaboración coa asociación social e cultural Garatuzas de Piloño, desenvolverase no antigo campo de fútbol de Piloño, que abrirá ás 23 horas, se ben o inicio da actividade está previsto para as 23:55 horas. Igualmente haberá que inscribirse obrigatoriamente no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScn2VZ-tOLLTwiYcQgxit1RsTAbBRAOZEentnqZdVsL-AWqrg/viewform

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En relación coa eclipse, Ojero sinala que se poderán ver 20 segundos da ocultación total do sol a partir das 20:30 horas. “Hai unha banda da totalidade da eclipse onde a sombra da lúa ocultará por completo o sol, mergullando esa zona na escuridade”, segundo explica o experto, que posúe unha extensa carreira como astrónomo. Traballou no Centro de Astronomía Espacial da Axencia Espacial Europea (Villanueva de la Cañada, Madrid), e actualmente é membro da Sociedade Galega de Astrónomos e está xubilado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ojero destaca tamén as principais medidas de protección para visionar sen riscos a eclipse. Ve indispensable o uso de gafas homologadas, ademais de extremar as precaucións coa cativada. Outros sistemas que apunta o astrónomo son o uso da caixa

estenopeica, tamén chamada cámara escura, que é un dispositivo sinxelo que permite observar unha eclipse solar sen arriscarse a sufrir danos nos ollos; ou o uso dun telescopio para proxectar a imaxe nunha pantalla no chan, duns prismáticos ou dun telescopio solar para ver a eclipse de forma máis precisa, sempre utilizando un filtro solar

homologado na parte frontal do obxectivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Polas chamadas recibidas e a expectación que desperta este acontecemento, contamos coa presenza da veciñanza, pero tamén de turistas ou veraneantes foráneos. Queremos aproveitar esta oportunidade para amosar este patrimonio natural sobre os vales do Ulla, desde onde se divisa unha panorámica que semella estares no centro do mundo”, tal como explica o alcalde cruceño, Luís Taboada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page