top of page

Cruces pecha temporalmente a piscina municipal tras actos vandálicos e a aparición de feces na auga

10 ago
1 min de lectura

Laura Moure/Vila de Cruces

A piscina municipal de Vila de Cruces permanecerá pechada temporalmente e ata novo aviso despois de que nas últimas horas se rexistrasen varios actos vandálicos nas instalacións que obrigaron a adoptar esta medida por motivos de seguridade e saúde pública e tal e como anuncio onte o Concello a través das redes sociais.

Segundo informa o Concello, no recinto apareceron vasos e botellas rotas, así como cristais no céspede e na zona de praia, o que supón un evidente risco para as persoas usuarias da piscina.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A situación agravouse ademais ao localizarse feces no interior da propia piscina, polo que foi necesario proceder ao peche das instalacións para garantir as condicións adecuadas de seguridade e salubridade antes de permitir novamente o acceso ao público.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O Concello lamenta que este tipo de comportamentos incívicos acaben prexudicando ao conxunto da veciñanza, que se ve privada temporalmente do uso dun servizo municipal durante a época estival.


As instalacións permanecerán pechadas mentres se realizan as tarefas necesarias para recuperar as condicións de seguridade e hixiene. O Concello comunicará a reapertura tan pronto como sexa posible.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde o Consistorio apelan á responsabilidade e ao respecto polos espazos e servizos públicos, lembrando que o seu coidado é responsabilidade de todos e que actos deste tipo poden ter consecuencias para o conxunto da cidadanía.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page