top of page

Cruces organiza por primeira vez unha cata maridaxe para desfrutar con todos os sentidos do galo de curral

A actividade celebrarase o sábado 30 de maio e é necesario anotarse porque hai prazas limitadas


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizará por primeira vez unha cata maridaxe no marco da XXXII Festa Gastronómica do Galo de Curral, coa colaboración do Concello de Vedra e a comisión organizadora da Festa do Viño da Ulla, da Asociación de Festexos Populares San Miguel de Sarandón. A actividade celebrarase o sábado 30 de maio no Auditorio Xosé

Casal ás 12:00 horas.

A cata contará con viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, da subzona Ribeira do Ulla, de Adegas CastroBrey, da parroquia cruceña de Camanzo, e outras tres adegas da subzona. Estará dirixida polo prestixioso sumiller Nacho Costoya, recoñecido polo seu labor na promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Actualmente está vinculado a Bodegas Arzuaga (Ribera del Duero) como delegado, ademais de dirixir multitude de catas técnicas, coordinado túneles de viño e contar cunha longa traxectoria en eventos vinícolas en Galicia.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Os viños acompañarán á degustación do galo de curral, con tres pratos diferentes elaborados polo cociñeiro e veciño de Cruces José Antonio Asorey Torres, coñecido como

‘Muñeiro’, que rexenta o restaurante ‘Onde Antonio Mouriscade’ en Lalín.


Preparará empanada de galo de curral, salpicón de galo de curral, e o prato tradicional de galo de curral con patacas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A actividade, destinada a persoas maiores de idade cun custo de 5 euros por persoa, ten prazas limitadas, polo que é preciso a inscrición previa que estará aberta ata o 26 de maio (ou ata esgotar as prazas) no correo electrónico noemi.lois@viladecruces.es Unha vez confirmada a praza, deberase enviar o xustificante de pago ao mesmo mail nun prazo máximo de 48 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page