Cruces facilitará a conciliación das familias en Semana Santa co Programa Concilia
- Laura Moure

- hace 27 minutos
- 2 Min. de lectura
A inscrición estará aberta do 16 ao 20 de marzo e o listado definitivo de admitidos publicarase na web e redes sociais do Concello o 24 de marzo
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces convoca unha nova edición do Programa Concilia Semana Santa 2026, unha iniciativa para facilitar a conciliación entre a vida laboral e os coidados dos menores. Esta acción permitirá que nas vacacións de Semana Santa os pais e nais
poidan cumprir coas súas obrigas laborais e que os seus fillos e fillas estean atendidos
e entretidos.

Poderán ser beneficiarios do servizo o alumnado do CEIP Cerdeiriñas e do CEIP Nosa
Señora da Piedade. A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de
abril, en horario de 8:45 a 13:15 horas. A recepción e recollida dos participantes
efectuarase no se propio colexio, onde se desenvolverán as actividades do programa.
Publicidade
A solicitude poderase presentar a través do formulario de inscrición dispoñible nas
dependencias do Concello, na web municipal ou a través da aplicación ABALAR. O
prazo de presentación das solicitudes estará aberto do 16 ao 20 de marzo e deberanse
enviar ao correo electrónico mireya.otero@viladecruces.es
O programa ten un prezo de 20 euros por persoa e o pago efectuarase, xa coa
solicitude confirmada, nun número de conta habilitado polo Concello antes do 26 de
marzo co correspondente envío do xustificante de pago ao correo electrónico
mireya.otero@viladecruces.es. A concesión de prazas efectuarase entre as solicitudes
presentadas que reúnan os requisitos establecidos por orde de data do mail enviado, ata completar o aforo. O listado definitivo de admitidos publicarase na web e redes sociais do Concello o 24 de marzo.
PUBLICIDADE
Bases do programa e descarga do formulario:








Comentarios