top of page

Cruces e Touro organizan para o sábado 13 o roteiro “As dúas beiras do Ulla”, no marco do ‘Goza do Ulla’

A inscrición está aberta ata o mércores día 10, imprescindible para participar nesta iniciativa que disporá de monitores, autobús de volta ao punto de encontro e avituallamento


Laura Moure/Cruces/Touro

O programa ‘Goza do Ulla 2025’ chega a Vila de Cruces e Touro. Este vindeiro sábado, 13 de setembro, celebrarase o roteiro “As dúas beiras do Ulla”, organizado conxuntamente por ambos Concellos.

O Goza do Ulla en Vila de Cruces noutra edición.
O Goza do Ulla en Vila de Cruces noutra edición.

O punto de encontro será a área recreativa de Remesquide, ás 9:15 horas. Os participantes poderán elixir entre dous percorridos, o curto ou o longo. Acompañados

por monitores, poderán facer a ruta curta de 12 quilómetros, desde a Illa de Remesquide ata a Ponte Basede, ou a ruta longa de 17 quilómetros, desde a Illa de Remesquide, pasando por Ponte Basede e ata Novefontes.


Ambas rutas pertencen ao mesmo percorrido, polo que o grupo transitará xunto polo mesmo camiño, sinxelamente que a curta rematará antes. Ao final de cada unha das rutas haberá un bus que recollerá aos participantes para levalos de novo a Remesquide onde se lles entregará unha bolsa de avituallamento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A ruta de sendeirismo é de carácter fluvial, tipo lineal e de dificultade media. Os participantes percorrerán durante catro horas a senda polas dúas marxes do río Ulla

nos concellos de Cruces e Touro. Ao longo do leito do Ulla, os participantes mergullaranse en bosques ribeiregos e gozarán da riqueza paisaxística que xorde ao redor da auga. A ruta ofrece fermosas paisaxes naturais como o Sobreiral do Ulla, un conxunto de sobreiras de 400 metros de lonxitude en Touro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o mércores día 10 no teléfono 986 58 20 17 ou no correo noemi.lois@viladecruces.es  (inscrición obrigatoria).


O programa ‘Goza do Ulla’ naceu en 2011 para desfrutar do Ulla con rutas de sendeirismo programadas nos municipios bañados polo río, que recorre as provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page