Cruces celebrará un novo encontro de CrucesArte os días 22 e 23 no Auditorio Municipal Xosé Casal
- Laura Moure

- 14 nov
- 2 Min. de lectura
Reunirá a multitude de artistas e creadores locais das artes plásticas, escénicas, musicais e literarias, terá como invitada especial á escritora e profesora lalinense Charo Golmar
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces celebrará o XIV encontro de artistas e artesáns CrucesArte os días 22 e 23 de novembro no Auditorio Municipal Xosé Casal. O Concello deseñou un extenso programa no que se reunirán multitude de creadores das artes plásticas, escénicas, musicais e literarias para amosar o talento e creatividade locais a toda a veciñanza, nun acto organizado para apoiar a cultura do municipio. Un ano máis o evento será presentado pola xornalista cruceña Mercedes Seijo.

O sábado inaugurarase ás 17:00 horas unha exposición de artes plásticas na que participarán os artistas Santiago Tato, A Solaina da Fundación Paco Lareo, José Sesto, Miguel Ramos, Estela Quintás Fernández, Lucía Dubra, Natalia Santiso, Elena Ferro,
Manolo O Ferreiro, Suso de Carbia, Bernardino Mendoza, Sergio Mella, Belén Parcero,
alumnas do curso de bolillos de Piloño, Lucía Peiteado e a Asociación Mulleres Rurais de
Camanzo. A continuación, na tarde do sábado celebrarase o encontro “A arte nas letras”.
Diferentes escritores, como membros da Fundación Xosé Neira Vilas, Iria Anido, Ofelia,
Nano O netiño de Naveiro, Consuelo Souto Duarte e Manuel Núñez Fiuza recitarán nesta xuntanza literaria. Entre os participantes, figura como convidada especial nesta décimo
cuarta edición a profesora e escritora lalinense Charo Golmar.
Publicidade
O sábado finalizará coas actuacións da Banda Xuvenil da Artística de Merza, A
Brincadeira de Carbia, Bailes latinos Ritmo do Ulla, Grupo de Baile Punteirolo, Isma
Vázquez, Grupo de Acordeóns de Vila de Cruces, Coral Polifónica de Piloño, Vainela, e
Voces da Terra.
O domingo o evento continuará ás 18:00 horas coas actuacións dos grupos Coral de San
Salvador de Camanzo; O Arco de Merza; Grupo de Zumba de Cumeiro e Camanzo; Sin
tón, nin Són; Saleta Cea, Aldara García e Natalia Cea; Punteirolo de tabernas; Os
Kokakolas; Os da Telleira; e Xuntounos Ela.







Comentarios