top of page
Perruquería Marisa.gif

Cruces celebra o 25N cun manifesto, un contacontos e coa entrega de bolsas reivindicativas a alumnos

Laura Moure/Vila de Cruces

Como cada ano, dende 1999 moitas rúas tínguense de morado o día 25 de novembro pola conmemoración do Día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres. O grupo de goberno de Vila de Cruces (Xuntos) xa deu a coñecer o seu habitual programa de actos con motivo do 25 N.


A programación cruceña de actividades de concienciación e divulgación acerca da violencia contra a muller levarase a cabo este 25 de novembro no auditorio da vila, onde terá lugar a lectura da Declaración Institucional polo “Día Internacional da eliminación da violencia contra a mulleres” a cargo de María Xosé Queizán ás 17:30 horas, continuando cunha sesión de contacontos para toda a familia titulado Contos en Lila realizado por Cris de Caldas.


Isto compleméntase coa entrega en todos os centros de ensino do Concello dunhas bolsas impresas coa frase gañadora do ano pasado QUERIDO MEDO DESPÍDOME DE TI NON CONTES MÁIS CONMIGO, unha frase que xogando coa súa colocación forman o número 016 de atención a muller.

O Consistorio de Vila de Cruces. Autor: Ecos da Comarca.

23 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page