Cruces celebra hoxe a San Silvestre, unha edición solidaria a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas
- Laura Moure

- hace 10 minutos
- 1 Min. de lectura
Contará con 80 participantes
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces, dentro da súa programación de Nadal, celebrará hoxe, domingo, 28 dedecembro, a carreira de San Silvestre 2025. Esta edición será un evento solidario a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas, que impulsa e promove accións que, en colaboración con equipos médicos e científicos, favorezan a identificación de tratamentos que melloren os procesos do cancro infantil en xeral e, en particular, o DIPG infantil (Glioma Difuso Intrínseco de Tronco), un cancro cerebral extremadamente agresivo e pouco común nos máis pequenos que tristemente se levou a unha pequena veciña do
Concello, Lara García.

Publicidade
Ademais da tradicional carreira popular, a San Silvestre deste ano terá tamén unha
andaina, ambas opcións polo casco urbano de Cruces. A actividade celebrarase pola
mañá, con saída desde a Praza do Concello. A andaina comezará ás 11:15 horas, cun
percorrido de 3,8 quilómetros. Na carreira, poderán participar adultos, que farán ás 12:15
horas a proba absoluta percorrendo 3 quilómetros e 800 metros; e nenos e nenas que
poderán participar en dúas categorías ás 12:00 horas, unha cun percorrido de 200 metros
e outra de 480 metros. Os 80 participantes tamén poderán correr disfrazados para
poñerlle o toque festivo a esta actividade.
Publicidade
Ademais, haberá unha carpa na Praza do Concello cun posto de chocolate con churros,
de balde para os participantes e á venda para o público. Tamén haberá música ambiente
para amenizar o mediodía e faranse sorteos entre os participantes de cestas de Nadal.








Comentarios