top of page

"Falta de sensibilidade e axuda por parte do Goberno de Vila de Cruces", sinala o PP

Ecos da Comarca/Xeral

O PP de Vila de Cruces envía o seguinte comunicado en relación a un incendio producido nunha vivenda do municipio o pasado domingo.

"Transcorreu unha semana desde que se produciu un incendio que danou a vivenda dun veciño de Vila de Cruces. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular observamos con preocupación durante estes días a falta de sensibilidade e de actuación do Goberno local con especial atención á decisión do Alcalde e da concelleira de Servizos Sociais, Noemí Lois, de non apoiar e axudar ao noso veciño afectado.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Consideramos que a falta de humanidade nestas situacións extraordinarias non ten xustificación algunha, unha bolsa de alimentos non se lle nega a ninguén e poder axudar cuns mínimos recursos nos primeiros días dada a situación do veciño afectado é primordial.


Agradecemos enormemente a plena disposición e axuda doutros Concellos limítrofes e o involucramento de diferentes colectivos sociais en canto foron coñecedores da situación.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O noso obxectivo non é sacar un rédito político “sensacionalista” como se preocupou de manifestar o Sr. Taboada no comunicado oficial que realizou, devandito comunicado que lamentamos e avergóñanos pola imaxe de falta de inclusión e respaldo político facía un veciño de Vila de Cruces. A concelleira de Servizos Sociais, Noemí Lois, debería lembrar que durante o mes de maio realizáronse obras en tempo récord pagadas con diñeiro público de maneira partidista antes da celebración dunhas eleccións municipais de veciños e neses momentos.


Convén lembrar as palabras da Conselleira de Política Social indicando que o Concello de Vila de Cruces sitúase á cola en Galicia en canto á xestión dos seus servizos sociais no ámbito local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Reiteramos o agradecemento público aos Concellos e colectivos sociais que de maneira

proactiva mostraron a súa plena disposición e axuda".


Atentamente Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page